lunes, 4 de junio de 2012

Cando eu fun navegar

                                                 Cando eu fun  navegar


Un día de verán meu tío Lito levoume navegar. Tamén foron os meus curmáns. Alonxámonos un pouco da costa e vimos un delfín.
O delfín intentaba alcanzarnos..., despois de moito esforzo conseguiuno.
Dun salto subiu ao barco. Todos nos asustamos. Intentamos botalo fóra pero pesaba moitísimo.
Despois de estar un ratiño con nós, el mesmo tirouse ao mar. Todos quedamos aliviados! Finalmente volvimos cara a costa.
Foi un día divertidísimo coa familia!

 Nuria Comesaña 5ºA