NOVAS CHANANTES

                                   

 ROTEIRO NO MONTE GALIÑEIRO
UN ROTEIRO QUE CHEIRA A FROITA

Para chegar ao monte Galiñeiro, hai que ir ao pobo de Prado e preguntarlle por onde se vai a un labrego da zona, é a mellor maneira de chegar ao camiño.
Cando coñezas o camiño, tes que subir o monte. Alí arriba, é o comezo do roteiro, hai un cartel moi fácil de ver.
O roteiro está marcado por diversas paradas:
A primeira parada é a árbore corazonceiro, a segunda parada é a carrasqueda, a terceira parada é a laranxeira, a cuarta parada é a palmeira, a quinta é o marmeleiro ,e a sexta, e última parada, é a maceira.
Despois deste percorrido froital chegamos ao final do roteiro.
Esperamos unha boa andaina.
Redacción: Dani I., Blas e Adri A. 5ºA



                        O VISÓN AMERICANO FAISE FORTE NAS ILLAS CIES E SÁLVORA

Os gardas do parque xa eliminaron case 70 exemplares. 


Chegou ás illas aproximadamente no ano 2000 e dende entón fíxose forte. É unha ameaza para as aves coma os cormoráns, anfibios e réptiles protexidos. Os vixiantes usaron máis de 100 anos ao longo do espazo protexido. Experimentan facendo controis das súas feces co fin de arradicar a súa presencia pero a alerta continúa debido á capacidade invasora da especie.

Redacción: Daniel Bragado Couto


ANIMÁIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN 


Moitos animas están en perigo de extinción, algúns animais son: o tigre das neves, o oso panda e a tartaruga mariña.
No mundo hai animais fermosos tanto terrestres coma acuáticos. Estes animais desaparecen a causa dos cazadores furtivos, e os que os cazan deben de saber o mal que fan para a Terra .
Si se deixan de cazar animas en perigo de extinción, teremos máis fauna no noso planeta.
                                                              Lucía Alonso 6ºA 



INCENDIO EN VIGO

Prodúxose un incendio nun parque de Vigo
O parecer o incendio prodúxose por un chisqueiro, que prendeu lume. Morreron moitos animais. Por sorte o lume non conseguiu queimar todo o parque. Necesitarase moito tempo  para poder ter o parque como estaba antes.

Redacción: Lydia 5ºB




ESPAZOS PROTEXIDOS QUEIMADOS ANTE A PASIVIDADE DE MEDIO  RURAL.19 de Octubro 2011
Nos 15 primeiros días deste mes,os lumes  de Ourense  xa arrasaron 10.909 hectáreas en 4 espazos protexidos da Rede Natura;O macizo Central perdeu máis dun 12% do seu territorio , principalmente Serras do Invernadoiro e Queixa  ; a Baixa Lima -  Serra do Xurés perdeu un 11% tamén  nas zonas  de maior valor ; e en Pena Masera e Pena Trevinca  ardeu o 7,6% e 5,7%  da súa superficie.


   Redacción: Nuria Camesella 5ºA




           España necesita máis espazos protexidos                     Necesítanse máis espazos protexidos para conservar a biodiversidade .

España necesitaría contar con, ao menos, 23 reservas adicionais, para representar os vertebrados  terrestres  e as plantas que habitan no seu territorio; segundo apunta o último informe sobre a diversidade biolóxica  do observatorio da sustentabilidade.        
Redacción: Nuria Camesella 5ºA






O MONTE GALIÑEIRO INCÉNDIASE

Os culpables  son dous homes chamados MFF de 17 anos, e o outro PPV de 19.

O Monte Galiñeiro incéndiase por culpa de dous homes de Sabarís.
Depois dunhas horas, unha parexa mirounos e chamou aos gardabosques, á policía e aos bombeiros.Chegaron todos a un tempo xa preparados, e tamén tivo que vir a Garda Civil porque os homes escapaban e pretendían facer máis lume. 
Todo o monte incendiouse por causa dos mistos que acenderon.

                                                                                                                           Redaccion: Ángela 5ºb