jueves, 29 de marzo de 2012

VISITA AO I.E.S AUGA DA LAXE

A visita ao I.E.S AUGA DA LAXE foi moi entretida. O que máis me gustou foi a súa sala de actos.
Dentro do instituto teñen moitas salas como: biblioteca, cafetería, aula de física e unha aula para cada asignatura.
TEÑO MOITAS GANAS DE IR!!!!!!!!!!
                                                                                                                  
                                                                                                                 Alexandra de Saa 6ºB

miércoles, 28 de marzo de 2012

Visita ao instituto

A visita ao instituto foi moi guai.Coas instalacións que ten, teremos de sobra no instituto: a biblioteca,a sala de actos e a aula de tecnoloxia; ademais das actividades que ten como educación fisica, e algunhas que descubrirei...
Teño moitas ganas de ir!

Visita ao IES Auga da Laxe

A min a visita ao IES Auga da Laxe pareceume moi divertida, pois aprendín moitas cousas novas que aínda non sabía. Hai máis asignaturas , hai unha cafetería e teñen unha sala de actos grande .
Recomendo a todas as persoas que vaian para o ano que ven o IES Auga da Laxe.
Javi S.  6ºB

martes, 27 de marzo de 2012

OS VERBOS

Xoga cos verbos

As ratiñas e o morcego

VAN DÚAS  RATIÑAS  POLA RÚA, E PASA UN MORCÉGO VOANDO.
 DILLE UNHA RATIÑA A OUTRA :
- QUEN E ESE?
- O MEU MOZO QUE É PILOTO- DILLE A OUTRAS RATIÑA  
             

lunes, 26 de marzo de 2012

jueves, 22 de marzo de 2012

Visita ao I.E.S. Auga da Laxe


O pasado mércores 21 de marzo, os alumnos de 6º de primaria fomos ver o instituto de Gondomar Auga da Laxe.
Alí realizamos varias actividades. Ao meu grupo tocoulle xogar a un deporte parecido ao baloncesto e, despois, vimos a aula de tecnoloxía e os proxectos que había nela: seguidores de liña negra, unha marusiña que viraba ao tocar unha das antenas, un semáforo, circuítos eléctricos...
Como sobraba un pouquiño de tempo, a mestra de física e química ensinounos o laboratorio e unha reacción química misturando dous produtos químicos disoltos en auga.
Foi moi divertida a visita ao centro e xa teño gañas de ir o curso que vén en setembro.


-Fran-

Visita ao I.E.S Auga da laxe

Hoxe día 21 de Marzo, visitamos por primeira vez o instituto I.E.S Auga da laxe.
O que máis me gustou do I.E.S  foi a biblioteca, había moitos libros de cada tipo: de ciencias, de música, física, química, matemáticas, lingua castelá e lingua galega; tamén había películas, diccionarios e moitos ordenadores.

Logo, fomos directos a "sala de actos", alí explicaronnós os cambios das asignaturas:
coñecemento pasaba a ser dúas asignaturas: ciencias sociais e ciencias naturais.

Despois fomos a E.Física, cun profesor que se chamabase Anxo e  outro, que se chamaba Pablo. Fixemos unha actividade moi divertida.

Por último fomos a cafetería, e tomamos un zume de laranxa.


                                Yoli 6ºA

martes, 20 de marzo de 2012

jueves, 15 de marzo de 2012

Xosé Neira Vilas

O pasado 8 de marzo veu a o noso colexio Xóse Neira Vilas. Fixémoslle moitas preguntas.
Eu non pensei que chegaría a ser tan interesante a súa vida. 
O que me pareceu máis  interesante foi a cantidade de libros que escribiu, e todas as traduccións que hai. 
Tamén me gustou moito a súa infancia; cando se tiña que facer os xoguetes, pescaba no río e facía todas esas cousas.

Un pouquiño de música

O vento

O vento sopra, asubía, a veces na noite
e a veces no día.
O vento é un clima,
que te acompaña nas noites grises
e frías.
O vento non se ve, non se toca,
pero se sente e se escoita.
Cando sopra choca contra as ventás,
e move as árbores con forza, pero
non  pretende asustar.
         Yolanda Rial Salgueiro

miércoles, 14 de marzo de 2012

Xosé Neira Vilas

A min persoalmente o que máis me gustou da visita de Xosé Neira Vilas foi cando nos falou da súa infancia.Contounos que ía ao monte cos seus amigos,e lle facía trampas aos coellos, aos raposos...
Tamén xogaban a ver quen subía máis alto nunha árbore.