Xeado
Ao rico xeado de fresa
para a miña princesa!
Greta5ºA
Teño o corazón senlleiro
Ao rico xeado de fresa
para a miña princesa!
Greta5ºA
Teño o corazón senlleiro
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa ,agardarei
polo albor do novo día.
Teño lobos,teño sombras,teño a sorte fuxida
Non importa, agardaréi polo albor
do novo día.
Que está conmigo a esperanza,
fiando,fía que fía.
Ela fía e eu confío no albor do novo día
Gonzalo 5ºB
Cidade labirinto
Pintei un mapa
sobre a solapa
da miña libreta.
Un mapa pequeno
dunha cidade grande,
que non está queda.
As rúas enrredanse,
a xente se escapa,
e os coches rodan
sobre o meu mapa.
O prego e desprego,
o engurro e o estiro,
o pinto e despinto,
e cada vez,
vexo un sitio distinto:
cidade labirinto,
cidade arañeira,
cidadechea de lixo,
cidade labirinto.
Dani I., Gabriel e Ángel 5ºA
Non sei o que soñei a noite pasada
triste moi triste debeu de ser o soño,
por que desperto a angustia me duraba.
Notei, ao incorporarme húmida a almofada,
e por primeira vez sentín ao notalo
dun amargo placer incharse a miña alma.
Triste cousa o soño que me arranca.
máis teño unha tristeza,unha alegría,
se é que aínda me quedan bágoas!!
Gustavo Adolfo Bequer .
Adaptación ao galego : Ángela 5ºA
A PRIMAVERA
Cando é primavera hai flores,
pero cando non o é, hai menos .
---------------
En abril, augas mil.
Pablo 5ºA
Quero a Pepita e a Xoán,
porque me dan miguiñas de pan .
Quero a Pepillo,
porque me trae un bocadillo
de marmelo, e de leituga,
con eiruga,
me relambo,
son o amo.
Alex 5ºA
O brazo
de Marcos
as tripas
de Pepe;
de Consuelo,un ollo
de Vicente, os dentes;
e, no corazón palabras
durmintes dun libro de amor.
Con agulla e fio,
fareille un fruncido;
con grapas e clavos
suxeito os brazos.
Por dentro a barriga
chea de trapos
Ai, Fran que mal!
Quedou fatal
este monstro artesanal!
Celeste e Greta 5ºA
A PRIMAVERA A primavera é moi bonita
chea de flores pequeniñas. Cando chega a primaveratodo o mundo pon a viseira. Se vas ao campo verás o pole voando. Cando chega a primavera todo o mundo se entera.
Na primavera crecen moitas árbores e moitas herbas.
Aínda que a primavera se vai non vos preocupedes, que xa ven o verán.
Aínda que a primavera se vai non vos preocupedes, que xa ven o verán.
Sandra 5ºA
AMOR ETERNO
Poderá anubrarse o sol eternamente;
Poderá secarse nun instante o mar;
Poderá romperse o eixo da terra
coma a un débil cristal.
Todo sucederá! Poderá a morte
cubrirme co seu fúnebre crespón;
Pero xamáis en min poderá apagarse
a chama do teu amor.
Daniel Bragado 5ºA
O VENTO
O vento sopra, asubía, a veces na noite
e a veces no día.
O vento é un clima,
que te acompaña nas noites grises
e frías.
O vento non se ve, non se toca,
pero se sente e se escoita.
Cando sopra choca contra as ventás,
e move as árbores con forza, pero
non pretende asustar.
Yolanda Rial Salgueiro