jueves, 22 de marzo de 2012

Visita ao I.E.S. Auga da Laxe


O pasado mércores 21 de marzo, os alumnos de 6º de primaria fomos ver o instituto de Gondomar Auga da Laxe.
Alí realizamos varias actividades. Ao meu grupo tocoulle xogar a un deporte parecido ao baloncesto e, despois, vimos a aula de tecnoloxía e os proxectos que había nela: seguidores de liña negra, unha marusiña que viraba ao tocar unha das antenas, un semáforo, circuítos eléctricos...
Como sobraba un pouquiño de tempo, a mestra de física e química ensinounos o laboratorio e unha reacción química misturando dous produtos químicos disoltos en auga.
Foi moi divertida a visita ao centro e xa teño gañas de ir o curso que vén en setembro.


-Fran-

No hay comentarios:

Publicar un comentario