lunes, 9 de abril de 2012

VISITA AO IES AUGA DA LAXE



O día 21 de Marzo fomos os nenos e nenas de 6º de primaria, para visitar o instituto Auga da Laxe. Cando chegamos repartimonos en tres grupos, e unha profesora do instituto repartiu as actividades que ían facer cada grupo.
 Ao meu grupo tocoulle a aula de tecnoloxia, cando chegamos ensináronos uns robots chamados cucabots, era moi divertido porque cando o cucabot choca co teu pe el xira para outro lado.
 Logo vimos unha cidade que tiña un semaforo, e´por detrás tiña un motor pequeno para que o semáforo alumeara, primeiro de verde, logo de laranxa e por último de vermello. 
Cando acabamos de ver a aula de tecnoloxia, fomos cara a biblioteca, cando chegamos había uns nenos do instituto para ensinarnos a biblioteca. Entón repartimonos en  parellas,  e un dos nenos púxose con unha das parellas para ensinar a biblioteca. Vimos como se busca un libro, ensinaronos os tipos de libros que había e como entrar na páxina web do instituto.
 Cando todos acabamos fomos a cafetería do instituto, invitáronos a tomar un zume de laranxa. Despois fomos de volta ao colexio, e nos puxémonos a falar das nosas actividades.

Andrea 6ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario